Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Mércores, 02 de xuño de 1999 Páx. 6.836

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 6 de maio de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da proposta de resolución do procedemento sancionador de conservación de espacios naturais e da flora e fauna silvestres 98/089.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución do procedemento sancionador por infracción da Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres, (BOE nº 74, do 28 de marzo), por non ser posible a súa notificación.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-lo impreso normalizado que lle será facilitado nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servición múltiples, Monelos, A Coruña.

De non efectua-lo pagamento voluntario, dispón o interesado dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para formular cantas alegacións estime pertinentes. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de vista se o considera oportuno.

Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que constan no expediente, remitiránselle ó delegado provincial da Consellería de Medio Ambiente para a resolución do procedemento.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189 do 9 de agosto).

A Coruña, 6 de maio de 1999.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: 98/089.

Denunciado: Martínez Paz, Eduardo.

DNI: 35.932.798.

Último enderezo coñecido: Sanjurjo Badía, 89-4º D. Vigo. Pontevedra.

Feito denunciado: circular e estacionar fóra dos lugares permitidos.

Tipificación Regulamento CEN: artigo 38.13º. Cualificación: leve.

Sanción proposta: 15.000 ptas.