Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Mércores, 02 de xuño de 1999 Páx. 6.835

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 6 de maio de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación de resolución dos procedementos sancionadores de conservación de espacios naturais e da flora e fauna silvestres 98/008 e 98/016.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data resolvín publica-la resolución dos procedementos sancionadores por infracción da Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres, (BOE nº 74, do 28 de marzo), por non ser posible a súa notificación.

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta de recadación de multas e sancións da Xunta de Galicia nº 311.000.1181 da Caixa de Aforros de Galicia, no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte ó de publicación desta notificación. Para efectualo deberán emprega-los impresos normalizados que lles serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples, Monelos, A Coruña. Transcorrido o citado prazo procederase ó cobro pola vía administrativa de constrinximento.

Non obstante o anterior, e de conformidade co previsto no artigo 114.1º e concordantes da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada perante o conselleiro de Medio Ambiente, no prazo dun mes, contado igulamente, a partir do día seguinte ó de publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso, sen que este se presente, esta resolución será firme a tódolos efectos regulamentarios.

A Coruña, 6 de maio de 1999.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: CEN 98/008.

Denunciado: García Vázquez, Mario.

DNI: 32.768.368.

Último enderezo coñecido: Avd. Monelos, torre 4-2º C. A Coruña.

Feitos denunciados: acampar en zona prohibida.

Tipificación Regulamento CEN: artigo 38.3º. Cualificación: leve.

Sanción: 15.000 ptas.

Expediente: CEN 98/016.

Denunciado: Pinto Palma, Juan.

DNI: 33.277.847-k.

Último enderezo coñecido: Avda. dos Mallos, 100-2º I. A Coruña.

Feitos denunciados: circular fóra dos lugares permitidos.

Tipificación Regulamento CEN: artigo 38.13º. Cualificación: leve.

Sanción: 15.000 ptas.