Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Mércores, 02 de xuño de 1999 Páx. 6.830

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de maio de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa dunha planta de coxeración que se cita. (Expediente 99/290 R.C.I. 18079).

Para os efectos previstos no Decreto 2617/19966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude da empresa Inmacu, S.L., con enderezo social no Polígono Industrial de Espírito Santo, no concello de Cambre (A Coruña), para a autorización administrativa da instalación que se executará na empresa situada no anterior enderezo.

-Planta de coxeración composta por un grupo motor-xerador alimentado a gasóleo de 325 kVA de potencia, factor de potencia 0,8 e tensión de xeración 380 V, instalacións de almacenamento de combustible, regulación, control, portección e medida.

Lugar onde se vai a establece-la instalación; factoría da empresa no Polígono Industrial de Espírito Santo-Cecebre (Cambre) Parc. 56-58.

Orzamento: 6.000.000 de ptas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo Monelos, 15071 A Coruña.

A Coruña, 18 de maio de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña