Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Mércores, 02 de xuño de 1999 Páx. 6.829

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de maio de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución para o trazado da L.M.T., C.T. e R.B.T. O Placer-Bocelo (concello do Corgo) e da súa declaración de utilidade pública. (Expediente 45/1998 A.T.).

1. Autorización administrativa.

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, de autorización de instalacións eléctricas, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución para o trazado das liñas eléctricas de referencia, as que contan coas características técnicas que se relatan a continuación:

a) Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

b) Finalidade: mellora-la seguridade e calidade do servicio nas zonas de influencia, segundo o plan Mega.

c) Trazado, datos básicos e localización: 1. Liña de media tensión aérea ó C.T. de Manán, de 20 kV, con orixe no apoio nº 76 da L.M.T. ó C.T. de Paradela e remate no C.T. de Manán, cunha lonxitude de 0,995 km, conductor tipo/sección LA-56/54,6 mm e apoios/tipo 8/H.

2. Centro de transformación intemperie de Manán, emprazado en Manán de Sta. María cunha potencia de 50 kVA e relación de transformación 20.000/380-220 V.

3. Liña de baixa tensión aérea do C.T.A. de Manán, con orixe no C.T.A. de Manán, cunha lonxitude de 1,795 km, nº apoios/tipo 29/H.

2. Urxente ocupación.

O beneficiario, ó amparo do título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico solicita, así mesmo, a declaración de utilidade públi

ca das instalacións incluídas neste proxecto, que, segundo o sinalado no artigo 54 da devandita Lei, levará implícita en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os afectados do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Polo tanto, a presente Resolución de información pública, na que se relacionan tódolos bens e dereitos afectados pola urxente ocupación, realízase tamén para os efectos previstos no citado título IX da Lei 54/1997 e no que non se opoñan e ela nos artigos 10, 16 e 31.5º do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, polo que se aproba o regulamento da Lei sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas.

3. Alegacións.

O que se fai público para que poidan examinarse os proxectos de instalacións nesta delegación provincial, edificio administrativo, Ronda da Muralla 70, Lugo, e formula-las reclamacións, por duplicado, que se estimen oportunas durante o prazo de trinta días. Igualmente, os interesados poderán formular, se é o caso, e no mesmo prazo, alegacións por escrito que farán en relación co disposto nos artigos 25 e 26 do Decreto 2619/1966, podendo corrixi-los erros que se encontren ó relaciona-los bens afectados ata o mesmo momento do levantamento das actas previas.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 3 de maio de 1999.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 45/98. Provincia: Lugo.

L.M.T., C.T. e R.B.T. Placer-Bocelo.Termo municipal: O Corgo.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

3Monte de ArribaMonte baixoBenilde Díaz CelaAvda. Meridiana, 456-1º

08030 Barcelona

2255550

6Monte de ArribaMonte baixoBenilde Díaz CelaAvda. Meridiana, 456-1º

08030

3170700

7GandariñaMonte baixoBenilde Diáz CelaAvda. Meridiana, 456,1º

08030 Barcelona

3300

13GandariñaPradoManuel Cela VilaManán de Sta. María

27365 O Corgo

7196960

16AlgariaPradoJosé López FernándezManán de Sta. María

27365 O Corgo

8192920