Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Mércores, 02 de xuño de 1999 Páx. 6.821

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (89/1998).

Eu, Lorenzo Villalpando Lucas, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño de que no xuízo verbal de faltas número 89/1998, que neste xulgado se segue por insultos e desobediencia a axentes da autoridade, se dictou sentencia co encanbezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

Sentencia: En Santiago de Compostela o 21 de abril de 1999.

Vistos por Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro dos do partido, estes autos de xuízo de faltas nº 89/1998, seguidos por resistencia e desobediencia á autoridade, sendo denunciantes os axentes da policía nacional con carnés profesionais 21.742, 26.194, 65.007 e 64.735, denunciante igualmente Pablo Crespo Sabarís, maior de idade, defendido por Javier Sánchez-Agustino Mariño, e aparecendo como parte denunciada José María Fernández Piñeiro, Borja Nieves Hermansaiz, Margarita Salvador Almeida Fernández, José María García Villaverde, Francisco Manrique González Rodríguez, Patricia López Villaverde, José Luis Barreira Rodríguez, Carlos Manuel Morais Álvarez, Noa Ríos Bergantiños e Luis Alberto López García, maiores de idade; o Ministerio Fiscal mostrouse parte. (Seguen antecedentes de feito, feitos probados e fundamentos xurídicos).

Decido: que debo condenar e condeno a José María Fernández Piñeiro, Borja Nieves Hermansaiz, Margarita Salvador Almeida Fernández, José María García Villaverde, Francisco Manrique González Rodríguez, Patricia López Villaverde, José Luis Barreira Rodríguez, Carlos Manuel Morais Álvarez, Noa Ríos Bargantiños e Luis Alberto López García como autores responsables dunha falta de respecto e desobediencia ós axentes da autoridade, do artigo 634 do Código Penal e outra 635 do mesmo corpo legal, cada un dos acusados dúas penas: unha de 10 días de multa e outra dun arresto de fin de semana e un mes de multa a razón de 1.000 ptas. día, con arresto substitutorio dun día de privación de liberdade por cada dúas cotas diarias non satisfeitas, que se poderá cumprir en réxime da arrestos de fin de semana; así mesmo, deberán aboa-lo pagamento das custas procesuais solidariamente.

Contra esta resolución cabe interpoñer recurso de apelación no prazo de cinco días desde a súa noti

ficación, ante este xulgado para ante a Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que así conste e lles sirva de notificaciòn a José María Fernández Piñeiro, José Luis Barreira Rodríguez, Luis Alberto López García e Patricia López Villaverde, todos eles en paradoiro descoñecido, expido, selo e asino esta cédula en Santiago de Compostela o 4 de maio de 1999.

Así por esta miña sentencia pronúncioa, mándoa e asínoa.

O secretario

Rubricado