Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Mércores, 02 de xuño de 1999 Páx. 6.808

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 3 de maio de 1999 pola que se nomea catedrático de escola universitaria da área de coñecemento de didáctica e organización escolar, do departamento de Didáctica e Organización Escolar, a Julio Rodríguez López (praza 1613/1998).

De conformidade coa proposta elevada pola comisión constituída para xulga-lo concurso de méritos convocado por resolución desta universidade do 1 de xullo de 1998 (BOE do 21 de xullo) para a provisión da praza de catedrático de escola universitaria da área de coñecemento de didáctica e organización escolar, do departamento de Didáctica e Organización Escolar da Universidade de Santiago de Compostela, a favor de Julio Rodríguez López, tendo en conta que o interesado cumpre os requisitos a que alude o punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro.

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria e demais disposicións que

a desenvolven, resolveu nomear a Julio Rodríguez López, catedrático de escola universitaria da área de coñecemento de didáctica e organización escolar, do departamento de Didáctica e Organización Escolar da Universidade de Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 3 de maio de 1999.

Darío Villanueva Prieto

Rector da Universidade de Santiago de Compostela