Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Martes, 01 de xuño de 1999 Páx. 6.738

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VERÍN

ANUNCIO de estudio de detalle.

Esta alcaldía, en uso das atribucións que lle confire a lei, aprobou inicialmente mediante Decreto do día 5 de maio de 1999 o estudio de detalle do convenio C.01 do PXOM de Verín, que formularon os herdeiros de José Alonso Castro.

En cumprimento do que dispón a Lei do solo de Galicia, sométese a información pública polo prazo dun mes, que se contará a partir do día seguinte ó da publicación do presente anuncio no DOG. Durante o dito prazo, o expediente atoparase de manifesto na Secretaría Xeral do concello para os efectos de posibles alegacións ou reclamacións.

Verín, 5 de maio de 1999.

Juan Manuel Jiménez Morán

Alcalde