Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Martes, 01 de xuño de 1999 Páx. 6.737

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIBADAVIA

ANUNCIO.

O Concello Pleno, na súa sesión ordinaria celebrada o pasado día 29 de abril de 1999, acordou:

Primeiro.-Aprobar con carácter definitivo a modificación puntual das normas subsidiarias de Ribadavia na parcela dos irmáns de San Xoán de Deus, sita na Travesía cara a San Paio.

Segundo.-Proceder á publicación da aprobación definitiva no DOG e o texto íntegro da normativa no BOP, en cumprimento do disposto no artigo 48/2ª da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Contra o acordo que se publica poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde o día seguinte o da publicación deste anuncio, de conformidade co establecido na Lei da xurisdicción contencioso-administrativa do 13 de xullo de 1998.

Ribadavia, 6 de maio de 1999.

Jaime Dávila Sánchez

Alcalde