Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Martes, 01 de xuño de 1999 Páx. 6.736

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE REDONDELA

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Redondela (Pontevedra).

b) Dependencia: Urbanismo, Vías e Obras.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición: execución das obras comprendidas no proxecto de reposición auga e saneamento na Avda. de Vigo.

b) Lotes: non.

c) Lugar de execución: Redondela (Pontevedra).

d) Prazo de execución: 4 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 34.974.641 pesetas.

5. Garantías.

a) Provisional: 2% tipo de licitación.

b) Definitiva: 4% tipo de licitación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Redondela (Negociado de Urbanismo, Vías e Obras).

b) Domicilio: Alfonso XII, 2.

c) Localidade e código postal: Redondela 36800.

d) Teléfono: 986 40 03 00.

e) Telefax: 986 40 38 94.

f) Data límite de obtención de documentación e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría C.

8. Presentación de ofertas.

a) Prazo: 26 días naturais contados a partir do seguinte ó da derradeira publicación deste anuncio no BOP de Pontevedra ou no Diario Oficial de Galicia.

Se o último día do prazo cadrase en sábado ou inhábil, entenderase prorrogado ó primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación: a esixida nos pregos de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar da presentación.

-Entidade: Concello de Redondela.

-Domicilio: Alfonso XII, 2.

-Localidade e código postal: Redondela 36800.

d) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses contados desde a apertura de proposicións.

e) Admisión de variantes: non.

9. Apertura ofertas.

a) Entidade: Concello de Redondela.

b) Domicilio: Alfonso XII, 2.

c) Localidade: Redondela.

d) Data: o día seguinte hábil, non sábado, ó do remate do prazo de presentación de ofertas.

e) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións.

O modelo de proposicións axustarase á cláusula 11ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos anuncios.

Serán por conta do adxudicatario.

Redondela, 18 de maio de 1999.

Amado Ricón Virulegio

Alcalde