Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Eléctrica de Moscoso, S.L.
Domicilio social: Avda. de José Antonio, 21, 36830 A Lama.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Enxameáns-Fontecova.
Situación: A Lama.
Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 790 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios metálicos e de formigón, desde a L.M.T. Forzáns-A Lama ata o C.T. que se proxecta en Enxameáns-Fontecova, Concello da Lama. C.T. de 100 kVA, relación de transformación 20 kV-400 V. R.B.T., aérea de 340 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Pontevedra, 16 de abril de 1999.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra