Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Martes, 01 de xuño de 1999 Páx. 6.725

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de abril de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/169-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966,

sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. García Barbón 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. Atlántida I-Bouzas.

Situación: Vigo.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 15 kV, de 350 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde a liña B.A.L. 7.28, á altura da encrucillada das rúas Tomás Alonso e Simancas, ata o C.T. existente de Bouzas, concello de Vigo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 15 de abril de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra