Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Martes, 01 de xuño de 1999 Páx. 6.721

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (50/1999).

Lorenzo Villalpando Lucas, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, dá fe e testemuño:

Que no xuízo verbal de faltas número 50/1999, sendo denunciante María Dolores Martín Rodríguez e denunciado José Manuel Zarauza Menéndez, que neste xulgado se segue por lesións, se dictou sentencia con encabezamento e decisión do teor literal seguinte:

Sentencia: en Santiago de Compostela o cinco de maio de mil novecentos noventa e nove.

Vistos por Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro dos do partido, os presentes autos de xuízo de faltas 50/1999, seguidos por lesións, sendo parte denunciante María Dolores Martín

Rodríguez, maior de idade; aparecendo como parte denunciada José Manuel Zarauza Menéndez, maior de idade; o Ministerio Fiscal mostrouse parte. (Seguen antecedentes de feito, feitos probados e fundamentos xurídicos). Decido: que debo absolver e absolvo a José Manuel Zarauza Menéndez da falta inicialmente imputada sen que proceda facer declaración sobre a responsabilidade civil e declarando as custas de oficio.

Contra esta sentencia cabe recurso de apelación que se interporá no prazo de cinco días desde a súa notificación perante este xulgado para ante a Audiencia Provincial da Coruña. Así, por esta sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste e sirva de notificación a María Dolores Martín Rodríguez e José Manuel Zarauza Menéndez en paradoiro descoñecido, expido, selo e asino esta cédula en Santiago de Compostela, o seis de maio de mil novecentos noventa e nove.

O secretario

Rubricado