Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Martes, 01 de xuño de 1999 Páx. 6.720

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (25/1999-10).

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, fai saber que neste xulgado se tramita xuízo de faltas 25/1999-10, por instancia do axente da garda civil núm. 32.652.277 contra Jesús Aguión Barreiro, nas actuacións do cal se dictou a sentencia que no seu encabezamento e parte dispositiva literalmente di:

Sentencia. En nome de El-Rei. En Santiago de Compostela o 29 de abril de 1999, Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous desta cidade, dictou a presente resolución no xuízo de faltas seguido perante este xulgado coa referencia 25/1999 no que actuaron como partes, como denunciantes, o garda civil núm. 32.652.277 e como denunciado, Jesús Anguión Barreiro. Foi parte o Ministerio Fiscal.

Decido que debo condenar e condeno a Jesús Anguión Barreiro como autor responsable dunha falta do artigo 636 do Código Penal á pena de multa dun mes, a razón de 200 ptas. de cota diaria, así como ás custas procesuais, e que deberá pagar unha vez que sexa requirido para iso.

A pena deberá pagarse unha vez firme a presente resolución e de non se facer así nin cobrarse pola vía de constrinximento, cumprirá a pena privativa de liberdade prevista no artigo 53 do Código Penal nun centro penitenciario.

Contra esta sentencia poderán interpoñe-los interesados recurso de apelación para ante a audiencia provincial no prazo de 5 días desde a notificación, mediante escrito de formalización no que se exporán ordenadamente as alegacións sobre quebrantamento das normas e garantías procesuais, erro na apreciación das probas ou infracción de precepto constitucional ou legal en que se basee a impugnación, e fixarase domicilio para notificacións. Se no recurso se pedise a declaración de nulidade do xuízo por infracción das normas legais ou constitucionais que se consideren infrinxidas, expresaranse as razóns da indefensión. Así mesmo, deberá acreditarse que se pediu a emenda da falta ou infracción na primeira instancia, agás no caso de que se cometesen nun momento que fose xa imposible a reclamación. No mesmo escrito de formalización poderá o recorrente pedi-la práctica de probas que non puido propoñer en primeira instancia, das probas propostas que lle foron indebidamente denegadas, sempre que

formulase a oportuna reserva, e das admitidas que non foron practicadas por causas que non lle sexan imputables, expoñendo as razóns polas que a falta daquelas dilixencias de proba produciu indefensión.

Así por esta miña sentencia, xulgando definitivamente na instancia, pronúncioa, mándoa e asínoa.

Lévese testemuño literal ós autos da súa razón quedando o orixinal no libro de sentencias deste xulgado.

E para que conste e sirva de notificación a Jesús Aguión Barreiro expido e asino en Santiago de Compostela o cinco de maio de mil novecentos noventa e nove.

Rubricado