Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Martes, 01 de xuño de 1999 Páx. 6.719

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLO ECONÓMICO E SOCIAL DE GALICIA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 3 de maio de 1999 pola que se convocan probas selectivas para ingresar no Gabinete Técnico do Consello Económico e Social de Galicia como experto en materias socioeconómicas con contrato laboral de duración indefinida.

Advertidos erros na resolución de referencia, publicada no DOG nº 93, do martes, 18 de maio de 1999, cómpre face-las oportunas correccións:

Na páxina 5.912, columna 1ª, punto 7.-Lista de aprobados, na liña 3 onde di: «..., a lista de aspirantes aprobados,...», debe dicir: «..., a lista co aspirante aprobado,...».

Na páxina 5.912, columna 2ª, punto 7.-Lista de aprobados, na liña 7, onde di: «...lista de aprobados...,», debe dicir: «...lista co aprobado...». Na liña 11, onde di: «...Os nomes dos aprobados publicaranse no DOG», debe dicir: «...O nome do aprobado publicarase no DOG».

Na páxina 5.913, columna 1ª, liña 27, onde di: «C) Economía española (particular atención á economía galega)», debe dicir: «C) Economía de Galicia.»

Na páxina 5.915, columna 2ª, onde di: «A) Economía finaceira, economía internacional e relacións económicas internacionais», debe dicir: «B) Economía financeira, economía internacional e relacións económicas internacionais.»