Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Martes, 01 de xuño de 1999 Páx. 6.717

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 23 de decembro de 1998 pola que se convoca concurso para a provisión de postos de traballo vacantes na Administración xeral da Xunta de Galicia.

Advertidos erros no anexo I da citada orde, publicada no DOG nº 250, do 29 de decembro de 1998, é necesario efectua-la seguinte corrección:

No posto nº 159, C.P.: PR.P19.40.000.36560.010, nivel 12, C.esp.: 435.108, grupo: D, corpo/escala: xeral. Denominación do posto: auxiliar administrativo. Dependencia: servicios periféricos. Secretaría Xeral para o Turismo. Concello: 36.560; onde di: «observacións: posto pertencente á Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo»; debe dicir: «observacións: posto pertencente á Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo. Xornada partida.»

Como consecuencia, e de conformidade co establecido no artigo 9 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, ábrese un prazo de 15 días contados desde o seguinte ó da publicación da corrección no DOG co obxecto de que, se é o caso, se presenten novas solicitudes relativas ó posto anteriormente indicado ou se modifiquen as xa presentadas no sentido de suprimilo ou substituílo por outro na relación individual de peticións.