Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Luns, 31 de maio de 1999 Páx. 6.598

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 24 de maio de 1999, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade á modificación das listas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a funcionarios, publicadas por Resolución do 10 de marzo de 1999, e correspondentes ó corpo de auxiliares técnicos da Xunta de Galicia (grupo D), escala de axentes forestais.

O conselleiro da Presidencia e Administración Pública dictou, con data do 20 de maio de 1999, resolucións estimatorias dos recursos formulados por Javier López Penas, Martín Negreira Souto, Amable Vicente Obes, José Vázquez Vázquez e Fernando Soñora Abalo, contra a Resolución do 10 de marzo de 1999, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas para a cobertura con carácter temporal, mediante o nomeamento de persoal interino, de postos de traballo reservados a funcionarios, reguladas no Decreto 89/1997, do

10 de abril, e correspondentes ó corpo de auxiliares técnicos da Xunta de Galicia (grupo D), escala de axentes forestais (Diario Oficial de Galicia do 17-3-1999).

Dado que o carácter das resolucións é estimatorio das peticións dos interesados, por acreditar que efectuaron o pagamento das taxas en prazo, procede darlle a debida publicidade á modificación provocada por estas nas listas publicadas por Resolución do 10 de marzo de 1999, no sentido de que deben figurar na lista para a cobertura con carácter temporal de postos correspondentes ó corpo de auxiliares técnicos da Xunta de Galicia (grupo D), escala de axentes forestais, os datos seguintes:

-Javier López Penas.

DNI número 76.824.588.

No posto número 91, para o ámbito territorial de Pontevedra.

-Martín Negreira Souto.

DNI número 32.815.996.

No posto número 47, para o ámbito territorial da Coruña.

No posto número 54, para o ámbito territorial de Lugo.

No posto número 51, para o ámbito territorial de Ourense.

No posto número 47, para o ámbito territorial de Pontevedra.

-Amable Vicente Obes.

DNI número 44.450.588.

No posto número 98, para o ámbito territorial da Coruña.

No posto número 109, para o ámbito territorial de Lugo.

No posto número 101, para o ámbito territorial de Ourense.

No posto número 99, para o ámbito territorial de Pontevedra.

-José Vázquez Vázquez.

DNI número 76.621.038.

No posto número 24, para o ámbito territorial da Coruña.

No posto número 29, para o ámbito territorial de Lugo.

No posto número 29, para o ámbito territorial de Ourense.

No posto número 25, para o ámbito territorial de Pontevedra.

-Fernando Soñora Abalo.

DNI número 78.790.453.

No posto número 95, para o ámbito territorial da Coruña.

No posto número 106, para o ámbito territorial de Lugo.

No posto número 98, para o ámbito territorial de Ourense.

No posto número 97, para o ámbito territorial de Pontevedra.

En consecuencia, varíase correlativamente a orde de prelación dos solicitantes posteriores na lista correspondente.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia ou, directamente, o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña, conforme o artigo 14.2º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 24 maio de 1999.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública