Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Luns, 31 de maio de 1999 Páx. 6.598

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 18 de maio de 1999, da Dirección Xeral de Xustiza e Administración Local, pola que se lle dá publicidade ó acordo da comisión paritaria de acción social sobre os criterios de reparto do fondo de acción social para o exercicio 1999 para o persoal ó servicio da Administración de xustiza.

De conformidade co acordado pola comisión paritaria de acción social en reunión celebrada o 12 de maio de 1999 polos representantes da Administración autonómica e as organizacións sindicais (CSI-SIF, UXT, CCOO e SPJ-USO) sobre os criterios de reparto do fondo de acción social para o exercicio 1999 para o persoal ó servicio da Administración de xustiza, e segundo o establecido neste, esta dirección xeral

ACORDA:

Primeiro.-Facer público o programa de acción social de 1999 e darlle a máxima difusión entre os órganos xudiciais, quedando exposto nos taboleiros de anuncios da Dirección Xeral de Xustiza e Administración Local, no Tribunal Superior de Xustiza, nas audiencias provinciais, nos xulgados decanos e no Servicio de Xerencia na Coruña.

Segundo.-O prazo de presentación de instancias será o abranguido entre o día 1 de xuño e o 10 de xullo.

Santiago de Compostela, 18 de maio de 1999.

José Antonio Álvarez Vidal

Director xeral de Xustiza e Administración Local