Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Luns, 31 de maio de 1999 Páx. 6.594

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 1999 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 7 de maio de 1999 polo que se declara concello turístico galego o concello de Ribadeo.

O Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día 7 de maio de 1999 adoptou, por proposta do conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo, o seguinte acordo:

Declarar municipio turístico galego o concello de Ribadeo, pertencente á provincia de Lugo, de conformidade co establecido no artigo 8 do Decreto 239/1998, do 30 de xullo, polo que se regula a declaración de municipio turístico galego.

En cumprimento do disposto no citado artigo ordénase a publicación do acordo no Diario Oficial de Galicia e a notificación ós concellos correspondentes.

Santiago de Compostela, 21 de maio de 1999.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura,

Comunicación Social e Turismo