Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Venres, 28 de maio de 1999 Páx. 6.531

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MONDARIZ

ANUNCIO.

O Pleno do Concello, en sesión do 26 de febreiro de 1999, aprobou definitivamente o proxecto de ordenación do medio rural de Mondariz, facéndose público o dito acordo en cumprimento do artigo 48.2º da Lei do solo de Galicia.

Contra o referido acordo, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o Pleno da Corporación no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio, ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados de igual forma ó sinalado para o recurso de reposición.

Mondariz, 3 de maio de 1999.

O alcalde

Rubricado