Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Venres, 28 de maio de 1999 Páx. 6.530

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CELANOVA

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, na sesión extraordinaria de 18 de maio de 1999, en relación coa modificación puntual do PXOU, por maioría absoluta acordou o seguinte:

a) Aprobar definitivamente a modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Urbana de Celanova entre as casas baratas e o campo de fútbol municipal, coa finalidade de incluír unha reserva de solo con destino á edificación de vivendas de protección oficial e reaxusta-las zonas verdes e de uso dotacional, así como das vías de sistemas xerais.

b) Cumpri-los demais trámites previstos na Lei 7/1995, do 29 de xuño, e na Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

O que se fai público de conformidade co disposto no artigo 48.2º da devandita Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Contra o acto de aprobación definitiva poderase interpor recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal

Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Celanova, 19 de maio de 1999.

O alcalde

Rubricado