Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Venres, 28 de maio de 1999 Páx. 6.521

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 10 de febreiro de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, polo que se fai pública a solicitude de permiso de investigación 5922.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Lugo fai saber que Endesa, S.A., con enderezo en Príncipe de Vergara, 187, 28002 Madrid, presentou nesta delegación provincial o día 13 de marzo de 1998, instancia-solicitude do permiso de investigación Villalba de 300 cuadrículas mineiras para recursos de carbón, sección D, que se sitúa nos concellos de Abadín, Castro de Rei,

Cospeito, A Pastoriza e Vilalba da provincia de Lugo, á que lle correspondeu o número 5.922 da provincia de Lugo.

A designación do terreo é a seguinte:

VérticeLonxitudeLatitude

1-7º 25' 00''43º 16' 40''

2-7º 25' 00''43º 14' 20''

3-7º 28' 20''43º 14' 20''

4-7º 28' 20''43º 12' 40''

5-7º 27' 00''43º 12' 40''

6-7º 27' 00''43º 10' 40''

7-7º 32' 40''43º 10' 40''

8-7º 32' 40''43º 12' 00''

9-7º 32' 00''43º 12' 00''

10-7º 32' 00''43º 16' 40''

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.

O que se fai público, co fin de que todos aqueles que teñan a condición de interesados poidan comparecer no expediente dentro do prazo de vinte días, de conformidade co establecido no artigo 86.2º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992.

Lugo, 10 de febreiro de 1999.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo