Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Venres, 28 de maio de 1999 Páx. 6.494

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 11 de maio de 1999 pola que se outorgan nomeamentos a rexistradores da propiedade para os rexistros vacantes que se citan (A Estrada e doce máis).

O nomeamento de rexistradores da propiedade que desempeñen funcións no territorio de Galicia é competencia desta Comunidade Autónoma, segundo o disposto no artigo 26.1º do Estatuto de autonomía de Galicia aprobado pola Lei orgánica 1/1981.

Visto o expediente instruído para a provisión de rexistros da propiedade vacantes, en virtude do concurso entre aspirantes aprobados nas últimas oposicións convocadas por resolución da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado do 21 de agosto de 1997 (BOE do 9 de setembro), e de conformidade cos artigos 284 da Lei hipotecaria, 513 do regulamento para a súa execución, os decretos da Xunta de Galicia 351/1997, do 9 de decembro, 227/1998, do 10 de xullo, e demais disposicións legais autonómicas pertinentes,

RESOLVO:

Nomea-los rexistradores da propiedade que de seguido se relacionan para prove-los rexistros vacantes radicados no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia:

María Núñez Núñez, nº de escalafón 900, para o rexistro da Estrada (Pontevedra).

Antonio Manrique Ríos, nº de escalafón 918, para o rexistro da Fonsagrada (Lugo).

José Ángel Sánchez Serrano, nº de escalafón 913, para o rexistro de Allariz (Ourense).

Francisco de Asís Palacios Criado, nº de escalafón 923, para o rexistro de Bande (Ourense).

Mª de las Mercedes del Álamo Arroyo, nº de escalafón 922, para o rexistro de Becerreá (Lugo).

Nicolás Nogueroles Peiro, nº de escalafón 919, para o rexistro de Celanova (Ourense).

Carmen Rosa Pereira Remón, nº de escalafón 907, para o rexistro de Muros (A Coruña).

Mª del Mar Linares Fernández, nº de escalafón 917, para o rexistro de Ponte-Caldelas (Pontevedra).

José Ignacio Martín Alias, nº de escalafón 924, para o rexistro da Pobra de Trives (Ourense).

José Carlos González Morán, nº de escalafón 926, para o rexistro de Quiroga (Lugo).

Mª Purificación Pascual Rincón, nº de escalafón 911, para o rexistro de Ribadavia (Ourense).

Mª Carolina Martínez Fernández, nº de escalafón 925, para o rexistro de Viana do Bolo (Ourense).

Rafael Arnaiz Ramos, nº de escalafón 903, para o rexistro de Xinzo de Limia (Ourense).

Santiago de Compostela, 11 de maio de 1999.

Jesús C. Palmou Lorenzo

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais