Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Venres, 28 de maio de 1999 Páx. 6.463

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 10 de maio de 1999 pola que se modifica a do 3 de marzo de 1999, pola que se convocan e aproban as bases que rexen as convocatorias de bolsas e axudas de apoio á formación e actualización do profesorado universitario.

Na dita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 51, do 15 de marzo de 1999, regúlanse as convocatorias de bolsas para actualización do profesorado respecto da materia que imparten, axudas para a formación de profesores en novas titulacións e axudas para o financiamento de estadías de profesores visitantes, establecéndose no artigo 3.7º do anexo I e o artigo 3.8º do anexo II que o prazo para a recepción de solicitudes será de 15 días hábiles. Non obstante, razóns de oportunidade aconsellan abrir un novo prazo.

En consecuencia

DISPOÑO:

Artigo único.-Modifícanse as datas que figuran no artigo 3.7º do anexo I e o artigo 3.8º do anexo II da orde da convocatoria citada, quedando como segue:

Ábrese un novo prazo de solicitudes, que será de 20 días hábiles a partir da publicación desta orde.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de maio de 1999.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria