Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Venres, 28 de maio de 1999 Páx. 6.459

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 1999 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 11 de marzo de 1999 polo que se autoriza a cesión, por parte da Xunta de Galicia ó Concello de Ourense, da estrada OU-610 na súa totalidade (treitos detallados no anexo adxunto) e que comprende a rúa Curros Enríquez e rúa do Paseo desde o cruzamento con Capitán Eloy ata o de Otero Pedrayo, e o treito da praza da Mariña dentro da OU-421 dado o seu carácter urbano ó abeiro do artigo 54 da Lei 4/1994, de estradas de Galicia.

Aprobada polo Consello da Xunta de Galicia, por acordo do 11 de marzo de 1999, a autorización da cesión, por parte da Xunta de Galicia ó Concello de Ourense, da estrada OU-610 na súa totalidade (treitos detallados no anexo adxunto e que comprende a rúa Curros Enríquez e rúa do Paseo desde o cruzamento con Capitán Eloy ata o de Otero Pedrayo, e o treito da praza da Mariña dentro da OU-421 dado o seu carácter urbano ó abeiro do artigo 54 de Lei 4/1994, de estradas de Galicia.

ACORDO:

Autoriza-la cesión, por parte da Xunta de Galicia ó Concello de Ourense, da estrada OU-610 na súa totalidade (treitos detallados no anexo adxunto) e que comprende a rúa Curros Enríquez e rúa do Paseo desde o cruzamento con Capitán Eloy ata o de Otero Pedrayo, e o treito da praza da Mariña dentro da OU-421 dado o seu carácter urbano ó abeiro do artigo 54 da Lei 4/1994, de estradas de Galicia.

Unha vez cedidos estes treitos, corresponderalle ó Concello de Ourense a xestión, conservación e mantemento.

Santiago de Compostela, 21 de maio de 1999.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda

ANEXO

Antecedentes.

O artigo 54 da Lei 4/1994, de estradas de Galicia, establece que as estradas autonómicas ou provinciais ou os treitos determinados nelas nos que a circulación adquira características urbanas entregaranse ós concellos respectivos.

* Con data do 9 de novembro de 1998 o alcalde de Ourense solicita a cesión por parte da Xunta ó Concello de Ourense das estradas autonómicas que se referencian neste acordo ó seren consideradas urbanas.

* Con data do 3 de decembro de 1998 emite informe favorable da cesión de acordo co artigo 54 da Lei 4/1994, de estradas, a Xefatura Provincial de Estradas de Ourense.

* Con data do 11 de decembro é ratificado por parte do Concello de Ourense en acordo plenario a solicitude formulada polo alcalde.

* Con data do 15 de xaneiro de 1999 a Subdirección Xeral de Estradas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda emite informe favorable.

En virtude de todo isto autorízase a cesión por parte da Xunta de Galicia ó Concello de Ourense das seguintes estradas autonómicas:

A estrada OU-610 na súa totalidade.

comprende os seguintes treitos:

1. Treito da rúa do Paseo (desde a rúa Capitán Eloy a Parque de San Lázaro).

Lonxitude204 m.

2. Treito da rúa Curros Enríquez (desde Parque de San Lázaro á Avda. da Habana).

Lonxitude179 m.

3. Treito da rúa Curros Enríquez (desde Avda. da Habana á rúa Samuel Eiján).

Lonxitude93 m.

4. Treito da rúa Curros Enríquez (desde a rúa Samuel Eiján ó entronque das rúas Sáez Díez/Celso Emilio Ferreiro).

Lonxitude130 m.

5. Treito da rúa Curros Enríquez (desde o entronque das rúas Sáenz Díez/Celso Emilio Ferreiro ata glorieta da Avda. Otero Pedrayo).

Lonxitude92 m.

O treito da praza da Mariña dentro da OU-421

1. Treito da praza da Mariña

Lonxitude total do treito desde a rúa Río Bibel á rúa Río Arnoia80 m.