Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Venres, 28 de maio de 1999 Páx. 6.458

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 18 de maio de 1999 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 14 de maio de 1999, polo que se modifica a relación de postos de traballo da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

A creación na Subdirección Xeral de Acción Exterior do Servicio Técnico da Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal efectuada polo Decreto 85/1999, do 8 de abril, polo que se modifica o Decreto 4/1997, do 9 de abril, polo que se crea a Secretaría Xeral de Relacións coa Unión Europea e Acción Exterior, fai necesario modifica-la relación de postos de traballo da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Por todo isto, por proposta da Consellería da Presidencia e Administración Pública, consultadas as organizacións sindicais presentes na mesa xeral de negociación da Comunidade Autónoma de Galicia e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día catorce de maio de mil novecentos noventa e nove, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro.-Modifica-la vixente relación de postos de traballo da Consellería da Presidencia e Administración Pública, nos termos que se sinalan no anexo a este acordo.

Segundo.-Ordena-la publicación a dita modificación no Diario Oficial de Galicia para efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte a ela.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do catorce de maio de mil novecentos noventa e nove, relativo á modificación da relación de postos de traballo da Consellería da Presidencia e Administración Pública, coa finalidade de cumpri-lo dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 18 de maio de 1999.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública

ANEXO

Consellería da Presidencia e Administración

Pública

Na relación de postos de traballo do centro directivo Secretaría Xeral de Relacións coa Unión Europea e Acción Exterior, publicada no DOG nº 171, do 5-9-1997, páxina 8.687, e no centro de destino Subdirección Xeral de Acción Exterior, engádese o seguinte posto de traballo:

Código do posto: PR.P90.l00.002.15770.020.

Denominación: xefe Servicio Técnico da Comunidade de Traballo Galicia-norte de Portugal.

Vacante: si.

Nivel: 28.

Complemento específico: 1.703.640.

Tipo posto: S.

Forma provisión: LD.

Grao: AB.

Corpo/escala: xeral.

Titulación académica:

Formación específica: 498.

Observacións:

Novo código de formación específica:

498.-Licenciado dereito/económicas (mérito).