1. Entidade adxudicadora: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Patrimonio e Contratación, nº expediente 12154/240.
2. Obxecto do contrato: descrición: subministración por lotes do vestiario para o persoal do Concello de Vigo.
Lotes: si.
Lote 1: (camisería): 5.496.170 ptas.
Lote 2: (calzado): 6.376.500 ptas.
Lote 3: (vestiario xeral): 11.374.765 ptas.
Lote 4: (complementos e varios): 4.365.300 ptas.
Lote 5: (roupa especial): 26.373.650 ptas.
Lugar de execución: Vigo.
Prazo de entrega: 1 mes.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
Tramitación: ordinaria.
Procedemento: aberto.
Forma: concurso.
4. Orzamento base: o que figura no punto 2 deste anuncio.
5. Garantías: provisionais: 2% do lote ó que licite.
Definitiva: 4% do lote que resulte adxudicatario.
6. Obtención de documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, Pza. do Rei s/n 36202 Vigo. Teléfono: 986 81 01 48, fax: 986 81 02 40.
Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.
7. Requisitos específicos do contratista: acredita-la solvencia económica, financeira e técnica en calquera das formas previstas nos artigos 16 e 18 da Lei 13/1995.
8. Presentación de ofertas: prazo: 25 de xuño de 1999.
Documentación: a esixida na cláusula 11 do prego de condicións.
Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.
Prazo de obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.
9. Apertura de ofertas: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.
Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte á data en que remate o prazo de presentación de ofertas.
10. Outras informacións: o modelo de proposición axustarase á cláusula 11.3 do prego de condicións.
11. Gastos anuncios: serán por conta dos adxudicatarios.
Vigo, 29 de abril de 1999.
Manuel Pérez Álvarez
Alcalde