Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Xoves, 27 de maio de 1999 Páx. 6.451

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial do estudio de detalle da unidade de actuación 4 Breadouro (expediente 5127/411).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do día 16 de abril de 1999, acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle da UA 4 Breadouro, presentado por Ricardo Lago Prado, redactado polos arquitectos Javier Pena y Luis Sáez, e visado polo COAG con data do 25 de febreiro de 1999.

Precédese ó trámite de información pública polo prazo dun mes, mediante inserción de anuncios no DOG e nun dos xornais dos de maior circulación da provincia, significando que o prazo de exposición ó público se entenderá aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes contado desde o derradeiro anuncio. A documentación atópase na oficina de información da Xerencia Municipal de Urbanismo ó dispor do público.

O presente anuncio servirá de notificación nos termos do Art. 59 de Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou ignorando o seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 27 de abril de 1999.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo