O Pleno do Concello de Negreira, en sesión que tivo lugar o día 18 de maio de 1999, aprobou definitivamente o Plan Xeral de Ordenación Municipal de Negreira, e contra este acordo, que pon fin á
vía administrativa, poderanse interpoñe-los seguintes recursos:
1. Interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición diante do mesmo órgano que dictou este acordo dentro do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da notificación deste acordo.
Neste caso (interposición do recurso potestativo de reposición) non poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que resolva expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto (Art. 116.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, na súa redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro). O prazo para interpoñe-lo dito recurso contencioso-administrativo será:
a) De dous meses contados desde o día seguinte ó da notificación da resolución expresa do recurso de reposición.
b) Se non fora expresa a resolución do recurso de reposición, o prazo de interposición do recurso contencioso-administrativo será de seis meses, contados desde o día seguinte a aquel en que deba entenderse presuntamente desestimado.
2. Interpoñer directamente recurso contencioso administrativo diante do Xulgado do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, dentro do prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da notificación do acordo e de conformidade co establecido no artigo 46.4º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, en relación co artigo 116.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, na súa redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.
3. Calquera outro recurso que considere procedente.
Negreira, 20 de maio de 1999.
José Blanco Pazos
Alcalde-presidente