Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Xoves, 27 de maio de 1999 Páx. 6.442

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 26 de abril de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica a resolución do expediente sancionador OU 141/98P (pesca-Ourense).

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a resolución de expediente sancionador por presuntas infraccións á Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial (DOG nº 151, do 5 de agosto) e do seu regulamento, aprobado polo Decreto 130/1997, do 14 de maio (DOG nº 106, do 4 de xuño).

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os expedientados disporán dun prazo dun mes (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación para interpoñer recurso ordinario perante o conselleiro de Medio Ambiente, da Xunta de Galicia, de non se-lo caso, esta será firme para tódolos efectos.

Ourense, 26 de abril de 1999.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

-Expediente: OU 141/98-P.

Denunciado: Daniel Fernández Blanco.

DNI: 34.945.445.

Último enderezo coñecido: Santa Teresita, 14 (Ourense).

Feito probado: pescar con máis canas das permitidas.

Precepto infrinxido e sancionador: Art. 33.4º da Lei de pesca fluvial.

Sanción: 15.000 ptas.