Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Xoves, 27 de maio de 1999 Páx. 6.440

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 30 de abril de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da resolución dos procedementos sancionadores de conservación de espacios naturais e da flora e fauna silvestres 98/063 e 98/069.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se menciona que, con esta data resolvín publica-la resolución dos procedementos sancionadores por infracción da Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación de espacios naturais e da flora e fauna silvestres (BOE nº 74, do 28 de marzo), por non ser posible a súa notificación.

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta de recadación de multas e sancións da Xunta de Galicia nº 311.000.1181 da Caixa de Aforros de Galicia, no prazo de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta notificación. Para efectualo deberán emprega-los impresos normalizados que lle

serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples Monelos, A Coruña. Transcorrido o citado prazo procederase ó cobramento pola vía administrativa de constrinximento.

Non obstante o anterior, e de conformidade co previsto no artigo 114.1º e concordantes da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada, perante o Conselleiro de Medio Ambiente, no prazo dun mes, contado igualmente a partir do día seguinte ó de publicación desta notificación.

Transcorrido o plazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme a tódolos efectos regulamentarios.

A Coruña, 30 de abril de 1999.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Tipificación

Regulamento de CEN

ExpedienteDenunciado

DNI

Último enderezo coñecido

Feitos denunciadosArtigoCualificaciónSanción

Cen 98/063Suárez Mohíno, Cristina

32.825.176-J

Avda. do Exército, 25-10º Dta.

A Coruña

Acampar en zona prohibida38.3ºLeve15.000 ptas.

Cen 98/069García Pérez, Juan

5.363.214

Belleza, nº 4

Madrid

Circular fóra dos lugares permitidos38.13ºLeve15.000 ptas.