De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución do procedemento sancionador que se instrúe, por infracción da Lei de montes do 8 de xuño de 1957 (BOE nº 151) e do seu Regulamento do 22 de febreiro de 1962, por non ser posible a súa notificación.
O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-lo impreso normalizado que lle será facilitado nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples Monelos, A Coruña.
De non efectua-lo pagamento voluntario, dispón o interesado dun prazo de quince días, contados a
partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formular cantas alegacións considere pertinentes. No mesmo prazo póñense os procedementos de manifesto para trámite de vista, se o considera oportuno. O expediente pode ser examinado na delegación provincial desta consellería, sita no edificio administrativo de servicios múltiples Monelos, A Coruña.
Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que figuran no expediente, remitiráselle ó director xeral de Montes e Medio Ambiente Natural da Consellería de Medio Ambiente, para a resolución do expediente.
O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).
A Coruña, 30 de abril de 1999.
Rogelio Aramburu Núñez
Delegado provincial da Coruña
ANEXO
Lei de montes
DNI
Último enderezo coñecido
proposta
Tipificación
Expediente Denunciado
Feitos denunciados Artigo Cualificación Sanción
76.451.638
Porto, 43 Conxo-Santiago de
Compostela
98/149MP Castro Tato, José Mª
Corta sen autorización 432 26.000 ptas.