Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Xoves, 27 de maio de 1999 Páx. 6.408

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 18 de maio de 1999, da División de Recursos Humanos, pola que se fan públicos os acordos dos tribunais que xulgan o proceso selectivo para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde, relativo á celebración do primeiro exercicio da fase de oposición.

O punto 5 da base sexta a) da resolución da División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde do 28 de decembro de 1998 (DOG nº 9, do 15 de xaneiro de 1999) pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde, dispón que o primeiro exercicio da fase de oposición se realizará no lugar ou, de se-lo caso, nos lugares e á hora que se fixe nun acordo que o respectivo tribunal terá que publicar no Diario Oficial de Galicia.

Adoptado acordo polos respectivos tribunais sobre o lugar, data e hora de realización do primeiro exercicio da fase de oposición, procede agora darlle

publicidade no DOG, facultándose para iso expresamente a esta División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde, polo que,

RESOLVE:

Primeiro.-Convoca-los aspirantes admitidos con carácter definitivo para o ingreso nas categorías de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde, convocadas na dita Resolución do 28 de decembro de 1998, para a realización do primeiro exercicio da fase de oposición consonte a seguinte distribución:

* Día 16 de xuño de 1999:

Chamamento 8.45 horas.

Categoría: auxiliar de enfermería.

Chamamento 13 horas.

Categoría: pinche.

Chamamento 17.30 horas.

Categoría: celador.

* Día 17 de xuño de 1999:

Chamamento 8.45 horas.

Categorías:

-ATS/DUE.

-Xestión da función administrativa.

-Fisioterapeuta.

-Traballador social.

-Logopeda.

-Matrona.

Chamamento 16 horas.

Categorías:

-TEL.

-TER.

-TEAP.

-Hixienista dental.

-Cociñeiro.

* Día 20 de xuño de 1999:

Chamamento 8.30 horas.

Categoría:

-Auxiliar da función administrativa.

Chamamento 12.45 horas.

Categoría:

-PSX.

* Dia 22 de xuño de 1999:

Chamamento 16 horas.

Categoría:

-Técnico da función administrativa.

Segundo.-De conformidade co previsto nas bases da convocatoria, o dito exercicio realizarase de modo simultáneo nas catro sedes que a continuación se relacionan:

-A Coruña: edificio Coliseum, Avda. Alfonso Molina s/n (ó lado de Continente).

-Lugo: Pazo dos Deportes, zona univesitaria, N-VI, km 498,700 (entre gasolineira río Miño e ponte romana sobre o río).

-Ourense: Pazo dos Deportes Paco Paz, estrada Ourense-polígono industrial (ó lado do recinto feiral Expourense).

-Vigo: recinto feiral Cotogrande (ó lado do aeroporto de Peinador), para os días 16 e 17.

-Pavillón Central das Travesas, Avda. de Castrelos, 1 (en praza de América), para o día 20.

Os aspirantes á categoría de matrona realizarán a proba soamente na sede asignada na Coruña.

Os aspirantes á categoría do grupo técnico da función administrativa, en ámbalas dúas modalidades, realizarán a proba na Facultade de Medicina e Odontoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, sita na rúa de San Francisco, s/n.

Terceiro.-A sede asignada a cada aspirantes é a que figura na lista definitiva de aspirantes.

Cuarto.-Os aspirantes terán que ir provistos necesariamente do documento nacional de identidade, permiso de conducir ou pasaporte e de bolígrafo azul ou negro. O chamamento é único polo que se excluirá do concurso-oposición quen non compareza.

Quinto.-Esta resolución poderá ser impugnada polos interesados nos termos previstos na base décima da citada convocatoria.

Santiago de Compostela, 18 de maio de 1999.

Valeriano Martínez García

Director xeral de Recursos Humanos