Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Mércores, 26 de maio de 1999 Páx. 6.376

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO, do Instituto Municipal A Coruña Espectáculos, de concurso para a instalación de megafonía e luminotecnia nos diversos actos das Festas de Verán María Pita 1999.

O Consello de Administración do Instituto Municipal A Coruña Espectáculos (IMCE), en sesión do día 29 de abril último, aprobou o prego de condicións correspondente ó concurso para a instalación de megafonía e luminotecnia nos diversos actos das Festas de Verán María Pita 1999, o cal queda exposto ó publico nas oficinas do IMCE, durante o prazo de oito días hábiles que determina o artigo 122 do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril.

Ó mesmo tempo, e para o caso de que non se presenten reclamacións contra el, anúnciase a licitación, conforme as seguintes condicións:

Obxecto: é obxecto deste concurso a contratación da instalación de megafonía e luminotecnia nos diversos actos das Festas de Verán María Pita 1999.

Tipo de licitación: o orzamento máximo é de 15.000.000 de ptas. (IVE incluído).

Garantías: para optar ó concurso haberá de constituírse previamente, por calquera dos medios que autoriza a Lei de contratos das administracións públicas unha fianza provisional de 300.000 ptas. en calquera das formas que autoriza a Lei 13/1995.

Modelo de proposición: as proposicións axustaranse ó seguinte modelo:

Don/a ..... con domicilio en ..... Rúa de ..... nº ..... provisto do DNI nº ....., actuando en nome propio

(ou en representación de) ..... informado/a do anuncio do concurso para a instalación de megafonía e luminotecnia nos diversos actos das Festas de Verán María Pita 1999, así como do prego de condicións regulador da licitación, e aceptando integramente o seu contido e comprométendome a acatalo, formula proposición polo que opta adxudicación conforme as seguintes condicións económicas:

En proba de aceptación de tales compromisos deixo asegurada esta proposición co depósito previo esixido, como acredito co xustificante que xunto.

Data e sinatura do propoñente.

Presentación de proposicións. Presentaranse en tres sobres pechados no Rexistro Xeral de Entrada do Instituto Municipal A Coruña Espectáculos (Avda. Alfonso Molina s/n, Edif. Coliseum), en man ou por correo, no prazo de vinteseis días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación do anuncio do concurso no Diario Oficial de Galicia, en horas de nove a trece. No caso de resultar sábado, domingo ou festivo, o día da finalización deste prazo, quedará este automaticamente prorrogado deica o primeiro día hábil seguinte.

Prego de condicións. Poderán ser examinados e retirada copia nas oficinas do Instituto Municipal A Coruña Espectáculos.

A Coruña, 5 de maio de 1999.

O presidente

Rubricado