Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Mércores, 26 de maio de 1999 Páx. 6.375

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO, do Instituto Municipal A Coruña Espectáculos, de concurso para a concesión da explotación dos servicios de cafetería-ambigú no Teatro Municipal Rosalía de Castro e no Fórum Parque Europa.

O Consello de Administración do Instituto Municipal A Coruña Espectáculos (IMCE), en sesión do día 29 de abril último, acordou optar polo sistema de concurso para a concesión da explotación dos servicios de cafetería-ambigú no Teatro Municipal Rosalía de Castro e Fórum Parque Europa da Coruña, aprobando para o efecto o prego de condicións que haberá de rexelo, o cal queda exposto ó publico nas oficinas do IMCE, durante o prazo de oito días hábiles que determina o artigo 122 do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril.

Ó mesmo tempo, e para o caso de que non se presenten reclamacións contra el, anúnciase a licitación, conforme as seguintes condicións:

Obxecto: é obxecto deste concurso a concesión da explotación dos servicios de cafetería-ambigú no Teatro Municipal Rosalía de Castro e no Fórum Parque Europa da Coruña.

Canon da concesión: o canon anual da concesión fixarano libremente os licitadores nas súas ofertas, sendo revisado anualmente de acordo coa variación do IPC fixado polo organismo correspondente.

Garantías: para optar ó concurso haberá de constituírse previamente, por calquera dos medios que autoriza a Lei de contratos das administracións públicas, unha fianza provisional de 25.000 ptas.

Modelo de proposición: as proposicións axustaranse ó seguinte modelo:

Don/a ..... veciño/a de ..... con domicilio en ..... Rúa de ..... nº ..... provisto do DNI nº ....., en representación de ....., con domicilio en ..... (o en nome propio), informado/a do anuncio do concurso para a concesión administrativa da xestión do servicio público de ambigú no Teatro Municipal Rosalía de Castro e no Fórum Parque Europa e do prego de cláusulas administrativas que o regula, que acepta integramente e se compromete a acatar, formula proposición optando á adxudicación e oferta un canon anual que se lle aboará ó IMCE de ..... ptas. anuais (IVE incluído) de acordo a memoria que se inclúe no sobre C desta plica, e nas seguintes:

1. O canon que se satisfará ó IMCE é de ..... ptas anuais (IVE incluído) e será ingresado por trimestres.

2. O prazo máximo de posta en marcha do servicio é de ..... contado a partir do día seguinte ó da recepción da notificación da adxudicación do concurso.

En proba de aceptación de tales compromisos deixo asegurada esta proposición co depósito previo exisido, como acredito co xustificante que xunto.

Data e sinatura do propoñente.

Presentación de proposicións. Presentaranse en tres sobres pechados no Rexistro Xeral de Entrada do Instituto Municipal A Coruña Espectáculos (Avda. Alfonso Molina s/n, Edif. Coliseum), en man ou por correo, no prazo de vinteseis días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación do anuncio do concurso no Diario Oficial de Galicia, en horas de nove a trece. No caso de resultar sábado, domingo ou festivo, o día da finalización deste prazo, quedará este automaticamente prorrogado deica o primeiro día hábil seguinte.

Prego de condicións. Poderán ser examinados e retirada copia nas oficinas do Instituto Municipal A Coruña Espectáculos.

A Coruña, 5 de maio de 1999.

O presidente

Rubricado