Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Mércores, 26 de maio de 1999 Páx. 6.373

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 26 de abril de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación dos acordos de iniciación dos procedementos sancionadores de residuos sólidos urbanos 98/0145 e cinco máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data resolvín publica-los acordos de iniciación dos procedementos sancionadores por infracción administrativa da Lei 10/1997, do 22 de agosto, de residuos sólidos urbanos de Galicia (DOG nº 168, do 2 de setembro), por non ser posible a súa notificación.

Noméase instructora do procedemento a Ana Mª Díaz López, funcionaria desta delegación, podendo promove-la súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A resolución será acordada polo conselleiro de Medio Ambiente, segundo o artigo 43 da Lei 10/1997, do 22 de agosto, de residuos sólidos urbanos de Galicia.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta

notificación, para que poidan examina-lo expediente na Delegación Provincial desta consellería na Coruña, sita no edificio administrativo de servicios múltiples Monelos, e para achegaren por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas, consideren convenientes en defensa dos seus dereitos, así como para recusación da persoa designada como instructora, se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do R.D. 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, de non se efectuar alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberán emprega-lo impreso normalizado que lles será facilitado nesta Delegación Provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples Monelos, A Coruña.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada, coa Lei 30/1992, do 26 de novembro e co establecido no R.D. 1398/1993, do 4 de agosto.

A Coruña, 26 de abril de 1999.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Tipificación infracción

Lei de residuos sólidos urbanos

ExpedienteDenunciado

DNI

Último enderezo coñecido

Feitos denunciadosArtigoCualificaciónSanción

proposta

R-98/0145Marta Mª Meirama Martínez

32.830.697

Rda. Outeiro, 236-6º D A Coruña

Abandono de vehículo da súa propiedade.37.2.1Grave250.001 ptas.

R-98/0242Juan M. Loureiro Conde

76.394.210

Avda. Marqués de Figeroa, 43-21

15500 Perlío-Fene

Abandono de vehículo da súa propiedade.37.2.1Grave250.001 ptas.

Tipificación infracción

Lei de residuos sólidos urbanos

ExpedienteDenunciado

DNI

Último enderezo coñecido

Feitos denunciadosArtigoCualificaciónSanción

proposta

R-98/0250Montserrat Sixto Otero

44.805.502

Cantaleta, 12

Vidán-Santiago de Compostela

Abandono de vehículo da súa propiedade.37.2.1Grave250.001 ptas.

R-99/0038Trans. y Mudanzas del Noroeste, S.L.

B-15511264

Ponte Vella

15660 Sigrás-Cambre

Abandono de vehículo da súa propiedade.37.2.1Grave250.001 ptas.

R-99/0075Emilio J. García Gil

32.767.488D

Antonio Ríos, 8-1º D

A Coruña

Abandono de vehículo da súa propiedade.37.2.1Grave.250.001 ptas.

R-99/0094José Gosende del Río

33.338.105

Espiñeiro, s/n

15230 Outes

Abandono do vehículo da súa propiedade.37.2.1Grave.250.001 ptas.