Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Mércores, 26 de maio de 1999 Páx. 6.372

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 26 de abril de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación do acordo de iniciación do procedemento sancionador de pesca fluvial 98/0287.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento

administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data resolvín publica-los acordo de iniciación dos procedementos sancionadores por infracción administrativa da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial, (DOG nº 151 do 5 de agosto) e do Decreto 130/1997, do 14 de maio (DOG nº 106, do 4 de xuño), polo que se aproba o Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais, por non ser posible a súa notificación.

Noméase instructora do procedemento a Ana Mª Díaz López, funcionaria desta delegación, podendo promove-la súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administativo común.

A resolución será acordada polo director xeral de Montes e Medio Ambiente Natural desta consellería, segundo o artigo 40 da Lei 7/1992 de pesca fluvial de Galicia en concordancia co artigo 101 do seu regulamento.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para que poidan examina-lo expediente na Delegación Provincial desta consellería na Coruña, sita no edificio administrativo de servicios múltiples Monelos, e para achegar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas, consideren convenientes en defensa dos seus dereitos, así como para recusación da persoa designada como instructora, se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, de 26 de novembro.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do R.D. 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, de non se efectuaren alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.

Ó abeiro do disposto no artigo 8.2º do R.D. 1398/1993, do 4 de agosto, cando a sanción teña carácter pecuniario, o pagamento voluntario polo imputado en calquera momento anterior á resolución, porá fin ó expediente. Para efectualo deberán emprega-lo impreso normalizado que lles será facilitado nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples Monelos, A Coruña.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada, coa Lei 30/1992, do 26 de novembro e co establecido no R.D. 1398/1993, do 4 de agosto.

A Coruña, 26 de abril de 1999.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Tipificación infracción

Lei de pesca

ExpedienteDenunciado

DNI

Último enderezo coñecido

Feitos denunciadosArtigoCualificaciónSanción

proposta

P-98/0287Javier Bartolomé Martín

1.179.218

Adormideras, Ed. Artea, 5-12

A Coruña

Pescar en horas prohibidas e utilizar artefactos de uso non permitido.35.19º e

35.5º en

concordan-

cia co 92.19º

e 92.5º

Grave500.001 ptas.

multa 3.750 indemnización inhabilitación un ano e un día