De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para efectos previstos no mencionado real decreto, faise público
que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial, foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación de Empresarios de A Pasaxe Gondomar: Vincios-A Pasaxe, que abarcan os seguintes ámbitos.
Territorial: provincial.
Profesional: empresarios.
Asinan a acta de constitución: Eduardo Iglesias Soto e outros.
Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.
Vigo, 28 de abril de 1999.
Antonio Coello Bufill
Delegado provincial de Pontevedra