Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Martes, 25 de maio de 1999 Páx. 6.281

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 27 de abril de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación de Productores Mejilloneros Rianosa de Moaña.

De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial, foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación de Productores Mejilloneros Rianosa de Moaña, que abarcan os seguintes ámbitos.

Territorial: local.

Profesional: productores mexilloeiros.

Asinan a acta de constitución: Víctor Piñeiro Martínez e outros.

Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

Vigo, 27 de abril de 1999.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra