Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Martes, 25 de maio de 1999 Páx. 6.277

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 10 de maio de 1999 pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto de tramitación urxente, dun contrato de consultoría e asistencia para a realización da redacción do proxecto do sistema de aire acondicionado do edificio do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia da Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia.

Advertido erro na mencionada resolución, publicada no DOG nº 93, do martes, 18 de maio de 1999, cómpre efectua-la oportuna corrección:

Na páxina 5.929, no título da resolución onde di: «polo procedemento aberto de tramitación urxente, dun contrato de», debe dicir: «polo procedemento aberto dun contrato de».