Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Martes, 25 de maio de 1999 Páx. 6.277

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de abril de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/4-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T, Guindeiras-Vilela.

Situación: A Rúa.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV de 537 m en conductor LA-110, con orixe en apoio nº 86 da L.M.T. existente O Barco-A Rúa e remate no C.T. existente en caseta de Guindeiras. (Derivación a C.T. existente en caseta Vilela desde o apoio nº 5 da L.M.T. proxectada a C.T. Guideiras ata o C.T. existente en caseta Vilela e nunha lonxitude de 13 m). L.M.T. subterránea a 20 kV de 680 m en conductor R.H.V.-12/20 kV, con orixe na L.M.T. existente C.T. Campo Grande-C.T. Guindeiras e remate no C.T. compacto proxectado con 400 kVA, r/t 20.000/380-220 V de San Roque. 3 R.B.T aéreas de 970, 1.095 e 65 m e unha R.B.T. subterránea de 440 m.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente o seu dereito.

Ourense, 15 de abril de 1999.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense