Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Martes, 25 de maio de 1999 Páx. 6.275

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de abril de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 3/1999).

Para os efectos previstos no Decreto 205/1995, do 6 xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Energías Especiales, S.A.

Domicilio social: r/ Betanzos, 1-1º Esq., 15004 A Coruña.

Denominación: parque eólico de Castelo.

Municipios afectados: Santa Comba, Coristanco, Tordoia e Dubra (A Coruña).

Superficie afectada: 2.740 ha.

Coordenadas UTM:

A(X=522.000; Y=4.774.000).

B(X=527.000; Y=4.772.000).

C(X=527.000; Y=4.766.000).

D(X=525.000; Y=4.766.000).

E(X=522.000; Y=4.771.000).

A(X=522.000; Y=4.774.000).

Potencia que se vai instalar: 16,5 MW.

Durante o prazo de vinte días poderán presentarse solicitudes en competencia axustadas ó disposto no artigo 10 do Decreto 205/1995, da Xunta de Galicia.

A Coruña, 6 de abril de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña