Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Martes, 25 de maio de 1999 Páx. 6.274

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de abril de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/333-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Eléctrica de Moscoso, S.L.

Enderezo social: Avda. de José Antonio, 21, 36830 A Lama.

Denominación: L.M.T. e C.T. A Graña.

Situación: Cotobade.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 1.800 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre

apoios metálicos e de formigón, desde o apoio 13/630 da L.M.T. Borela-A Senra ata o C.T. que se proxecta na Graña, concello de Cotobade. C.T. de 100 kVA, relación de transformación 20 kV-400 V.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Pontevedra, 6 de abril de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra