Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Martes, 25 de maio de 1999 Páx. 6.259

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 25 de marzo de 1999 pola que se declara de interese galego a Fundación Gabriel Portal Antón e se ordena a súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

Advertidos erros na devandita orde, publicada no DOG número 78, do luns 26 abril de 1999, cómpre face-las seguintes correccións:

Na páxina 4.942, no parágrafo segundo, onde di: «c) Promover e desenvolver...», debe dicir: «d) Promover e desenvolver...» e debe engadirse a letra «c) Promover e desenvolver campañas de prevención do consumo de drogas atendendo as especifidades da poboación, con especial prioridade ós colectivos de risco».