Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Martes, 25 de maio de 1999 Páx. 6.249

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 1999 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 7 de maio de 1999, polo que se modifica a relación de postos de traballo da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

A Lei 9/1997, do 21 de agosto, de ordenación e promoción do turismo de Galicia no título VI aborda

canto se refire á disciplina turística e no artigo 80 crea a escala técnica de inspección turística dentro do corpo de xestión da Xunta de Galicia. O Decreto 315/1998, do 12 de novembro, regula de forma máis precisa as funcións, organización, planificación e actuación da inspección de turismo. Como consecuencia deste novo marco legal é preciso incrementa-lo cadro de persoal de inspectores de turismo.

O Decreto 351/1997, do 10 de decembro, polo que se fixa a estructura orgánica da Xunta de Galicia, adscribe a Dirección Xeral de Turismo á Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo. No artigo 8 do Decreto 8/1998, do 8 de xaneiro, determínanse as funcións e a estructura da devandita dirección xeral. Todo isto fai necesario incorporar á relación de postos de traballo da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo os postos da Dirección Xeral de Turismo.

Por todo isto, por proposta da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, oídas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma de Galicia e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día sete de maio de mil novecentos noventa e nove, adoptou o seguinte

ACORDO:

1. Modifica-la vixente relación de postos de traballo da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, nos termos que se sinalan no anexo ó presente acordo.

2. Ordena-la publicación da dita modificación no Diario Oficial de Galicia para efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte a ela.

3. Clasificar como posto de libre designación, de acordo coa motivación que se especifica, o seguinte:

Código: CU.C06.00000.15770.001.

Denominación: secretario/a director xeral.

Motivación: artigo 6 da orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 21 de novembro de 1989 (DOG nº 232, do 4 de decembro).

Posto de confianza.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día sete de maio de mil novecentos noventa e nove, relativo á modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, coa finalidade de cumpri-lo dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 1999.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública