Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Martes, 25 de maio de 1999 Páx. 6.249

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

ORDE do 11 de maio de 1999 pola que se designa o presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras.

De conformidade co establecido no artigo 42.4º do Regulamento da denominación de orixe Valdeorras e do seu consello regulador, unha vez asumidas as funcións na materia en virtude do artigo 30.I.3 e 4 do Estatuto de autonomía para Galicia e por proposta dos membros do consello regulador, conforme as atribucións que me veñen conferidas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1998, do 20 de outubro,

DISPOÑO:

Artigo único.-Desígnase presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras a Antonio Raluy Rodríguez.

Santiago de Compostela, 11 de maio de 1999.

Cástor Gago Álvarez

Conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria