Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Luns, 24 de maio de 1999 Páx. 6.224

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 26 de abril de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da proposta de resolución do expediente sancionador de epizootias 245SA/1998.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución do procedemento sancionador que se instrúe, por infracción á Lei 20 de decembro de 1952, sobre epizootias (BOE nº 358,

do 23 de decembro), e ó seu Regulamento do 4 de febreiro de 1955, modificado, entre outros, por R.D. 1665/1976, do 7 de maio (BOE nº 174 do 21-6-1976), por non ser posible a súa notificación.

O interesado dispón dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para formular cantas alegacións coide pertinentes. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de vista se o considera oportuno. O expediente pode ser examinado na Delegación Provincial desta consellería, sita no edificio administrativo de servicios múltiples Monelos, A Coruña.

Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que constan no expediente, remitiráselle ó delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, para a resolución do procedemento.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9-8-1993).

A Coruña, 26 de abril de 1999.

Paloma Puente Sánchez

Instructora

ANEXO

Expediente: 245SA/98.

Denunciado: López Vázquez, Daniel.

DNI: 33.098.920-B.

Último enderezo coñecido: r/ Castrillón, nº 55, A Coruña.

Feito denunciado: transportar animais bovinos, procedentes do mercado de Amio con destino ó seu domicilio, carecendo do certificado de inscrición do vehículo para o transporte de gando no Servicio de Sanidade Animal e Vexetal desta consellería.

Tipificación da infracción; Regulamento de epizootias: 5.2º da Orde 4-4-1997 e artigo 52.4º do Regul. de Epiz. en Relac. co 224 do mesmo Regulamento.

Sanción: 15.000 ptas.