Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Luns, 24 de maio de 1999 Páx. 6.224

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do parque eólico de Monte Marbán, sito no concello das Somozas. (Expediente 97/7-1).

Por acordo do Consello da Xunta de Galicia, na sua reunión do 10 de xullo de 1997, e por proposta da Consellería de Industria e Comercio, declarouse o plan eólico de Galicia como plan sectorial de incidencia supramunicipal, para os efectos previstos na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia.

Tamén por acordo do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 7 de maio de 1999, e por proposta da Consellería de Industria e Comercio, declarouse o plan sectorial do parque eólico de Monte Marbán, como plan sectorial de incidencia supramunicipal, para os efectos previstos na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia.

Polo tanto, en cumprimento do disposto no artigo 25.3º da citada lei, a teor do cal os plans ou proxectos que o Consello da Xunta, declare como de incidencia supramunicipal, someteranse durante o prazo mínimo dun mes ós tramites de información pública mediante o correspondente anuncio no Diario Oficial de Galicia, e de audiencia ante as entidades locais sobre as que indica o plan ou proxecto.

RESOLVO:

Someter a información pública o proxecto sectorial do parque eólico de Monte Marbán, declarado de

incidencia supramunicipal polo acordo do Consello da Xunta de Galicia do 7 de maio de 1999, polo prazo dun mes contado a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Os interesados disporán do dito prazo para examina-lo proxecto sectorial do parque eólico na delegación provincial de Industria e Comercio e presentar ante esta delegación as alegacións pertinentes.

A Coruña, 14 de maio de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña