Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Luns, 24 de maio de 1999 Páx. 6.197

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 1999, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade ó acordo da comisión de traballo creada para a aplicación do fondo de acción social do exercicio de 1998 e as listas definitivas das axudas do dito fondo.

Concluídos os traballos de reparto e aplicación do fondo de acción social para 1998, e en uso das competencias atribuídas a esta dirección xeral no punto 6.2 das normas xerais que rexen para o fondo de acción social de 1998, publicados por Resolución do 17 de xullo de 1998, da Dirección Xeral de Relacións Laborais (DOG nº 146, do 30 de xullo), procede dárlle-la debida publicidade ás listas definitivas das axudas do fondo e ó acordo final de concesión e distribución do citado fondo, unha vez que transcorreu o prazo de alegacións previsto no punto segundo da Resolución do 7 de abril de 1999 (DOG nº 67, do 9 de abril).

Polo tanto, dándolle cumprimento ó acordo da Mesa Xeral de Negociación e ó disposto na Resolución do 17 de xullo de 1998, esta dirección xeral

DISPÓN:

Primeiro.-Que se publique no Diario Oficial de Galicia, como anexo a esta resolución, a distribución final da concesión das axudas do fondo de acción social para o exercicio de 1998.

Segundo.-Contra esta resolución poderán os interesados interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da data da publicación da presente resolución de acordo co previsto no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro).

Santiago de Compostela, 14 de maio de 1999.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública

ANEXO

Tipo axudaEntradasAprobadasDenegadasImporte

Xubilación52414937535.711.328
Diminuídos4403914982.810.600
Fillos menores7.1126.384728164.329.822
Est. traballador1.7121.23248019.712.000
Est. fillos21.25818.6922.566165.436.250
Vivenda1.023796227132.000.000

Total32.06927.6444.425600.000.000