Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Venres, 21 de maio de 1999 Páx. 6.187

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO.

Con data do 1 de marzo de 1999, a comisión de goberno aprobou inicialmente o proxecto de compensación para a construcción de catro vivendas unifamiliares en Roxos, promovido por Construcciones Suárez Vilar, S.L.

O ámbito do proxecto é:

Norte: propiedade de Ramón Lorenzo, José Barreiro González e José Vázquez Requeiros.

Sur: propiedade de José Villaverde.

Oeste: máis de Construcciones Suárez Vilar.

Leste: estrada C-543.

O expediente exponse ó público durante o prazo de vinte días hábiles contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, co obxecto de que os interesados poidan consulta-lo proxecto no Negociado de Planeamento e Xestión, e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

Santiago de Compostela, 23 de abril de 1999.

Xosé A. Sánchez Bugallo

Alcalde