Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Venres, 21 de maio de 1999 Páx. 6.187

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (96/1998).

Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno en sesión ordinaria celebrada con data 29 de abril adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Aprobar inicialmente, por instancia de Promotora San Paulo Ourense, S.L. representada por Antonio Baceiredo Fernández, o proxecto de urbanización exterior de soar na Avda. de Santiago número 256 e rúa Monte Medulio do PXOU de Ourense, e logo de constitución de garantías polo importe de 2.256.427 ptas., dous millóns duascentas cincuenta e seis mil catrocentas vintesete pesetas, para asegura-la correcta execución das obras e o seu carácter previo ou simultáneo coas da edificación, e de 12.400.427 ptas., doce millóns catrocentas mil catrocentas vintesete pesetas, co obxecto de garanti-lo enlace da urbanización prevista cos servicios urbanísticos xa instalados (resto da semivía da rúa Monte Medulio, ata o seu entroncamento co Camiño Real de Cudeiro), incluíndo as expropiacións precisas para isto, segundo o proxecto de urbanización da rúa Monte Medulio aprobado por este concello.

Deberá acreditarse a representación da sociedade que se di desempeñar, segundo o disposto no artigo 32 da Lei 30/1992.

De conformidade co disposto no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese o citado expediente a exposición pública polo prazo dun mes, que empezará a contar a partir do día seguinte á ultima publicación oficial deste anuncio, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que coiden pertinentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer ó disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 6 de maio de 1999.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde